Rosa Veiga - Europa Press
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Jul. (EUROPA PRESS) -
O incendio que afecta os municipios coruñeses de Vimianzo e Laxe foi controlado na medianoite entre o domingo e o luns após arrasar 220 hectáreas.
Os lumes iniciados en Vimianzo, parroquia de Salto, ás 20,16 horas do sábado, e en Laxe, parroquia de Nande, ás 21,55 horas tamén dese día uníronse nun único lume.
Nas tarefas de extinción traballaron até agora de forma acumulada: tres helicópteros, un avión, 44 motobombas, 48 brigadas, 41 axentes, cinco pas, catro técnicos e catro unidades técnicas de apoio.
INCENDIO DE RIBAS DE SIL
Pola súa banda, o incendio de Ribas de Sil (Lugo), parroquia de Soutordei, continúa activo após queimar 140 hectáreas. Neste lume foi preciso activar a Situación 2 pola súa proximidade a vivendas no núcleo de Chenzas, desactivada na madrugada do domingo.
Este lume obrigou a cortar a circuclación de tren entre as estacións de Soldón-Sequeiros (en Quiroga) e San Clodio-Quiroga (en Ribas de Sil) durante a tarde do domingo, aínda que Adif informou sobre as 22,45 horas do domingo que se restableceu a tensión e da liña e volver a circulación da liña.
Este lume, iniciado ás 18,22 horas do sábado, contou de forma acumulado cos seguintes medios: nove helicópteros, oito avións, 31 motobombas, 41 brigadas, 30 axentes, catro pas e sete técnicos.