SANTIAGO DE COMPOSTELA / MADRID 13 Abr. (EUROPA PRESS) -
Máis de 84.000 persoas foron admitidas para participar no proceso selectivo que desenvolve Correos, dos cales, 5.093 correspóndense con Galicia. As probas celebraranse no rencito feiral de Silleda.
Correos publicou este xoves a lista final de admitidos no proceso selectivo co que a compañía aspira a cubrir 7.757 postos de traballo fixos en toda España, segundo informou nun comunicado.
O examend o proceso selectivo celebrarase o domingo 7 de maio en 44 sedes situadas en 28 provincias españolas e as dúas cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Os cargos ofertados abarcan funcións que van desde a repartición de envíos e outras tarefas loxísticas até postos de atención ao cliente en oficinas de Correos repartidas por todo o país.
Esta convocatoria constitúe a maior oferta de emprego lanzada por Correos en décadas e busca estabilizar aos traballadores e reducir a temporalidade nos contratos, de acordo co aprobado na Lei para a redución de temporalidade no emprego público e no Real Decreto de medidas urxentes para a reforma laboral.