O deputado de AGE David Fernández Calviño solicita a súa renuncia ao escano con efectos a 2 de decembro

Fernández Calviño expulsado del pleno
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 17 diciembre 2013 22:27

SANTIAGO DE COMPOSTELA 28 Nov. (EUROPA PRESS) -

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) David Fernández Calviño rexistrou este xoves un escrito para solicitar a súa renuncia ao escano na Cámara galega co fin de retomar a súa carreira investigadora e sumarse, a tempo completo, ao proxecto que ao que xa se incorporou en Dinamarca.

Segundo fontes parlamentarias consultadas por Europa Press, o escrito de Calviño solicita a baixa como deputado con efectos a 2 de decembro, malia que nun principio o voceiro parlamentario de AGE, Xosé Manuel Beiras, anunciara que se faría dende o 30 de novembro.

O escrito do deputado de AGE supón o paso previo a comparecer ante a Mesa do Parlamento para ratificar esta decisión, tal e como estipula o Regulamento do Parlamento. Pola súa banda, a xunta electoral de Galicia ten que reunirse para dar curso á entrada do candidato seguinte.

Precisamente, a substitución de Calviño vén precedida do conflito entre os membros da coalición coa número dous por Ourense, Carmen Iglesias Sueiro, de Esquerda Unida, xa que, segundo os socios de AGE, a candidata debería renunciar para que entrase no seu lugar Iolanda Pérez Docampo, que pertence a Anova, e garantir así o equilibrio de forzas saída das urnas hai un ano.

Non obstante, Carmen Iglesias Sueiro, á que Esquerda Unida abriu expediente por incumprir unha normativa interna -- que as actas pertencen á organización -- , afirma que era descoñecedora dese pacto entre os socios de AGE, coalición na que ademais de Anova e EU, están Equo e Espazo Ecosocialista.

DECISIÓNS DOS SOCIOS

En días pasados, Esquerda Unida, tras dar un ultimato ao seu militante, abriu expediente a Carmen Iglesias e advertiu de que non apoiaría a súa entrada no Parlamento, unha decisión na que se mantén dende que coñece a marcha de Calviño do Parlamento.

O aínda deputado viviu esta semana o último pleno parlamentario, no que interveu en debates como o relacionado co canon do lixo.

Pola súa banda, a Coordinadora Nacional de Anova, reunida este mércores, instou a candidata número dous por Ourense a que renuncie ao escano, pero deixou en mans de grupo parlamentario e do órgano de coordinación do grupo cos partidos membros da coalición.

Unha vez que Carmen Iglesias tome posesión do seu escano, terá cinco días para adscribirse a un grupo parlamentario, tal e como estipula o Regulamento do Parlamento. Para sumarse a AGE, o voceiro do grupo ten que autorizar a petición, mentres que a outra opción é solicitar a creación do grupo mixto.

Contenido patrocinado