SANTIAGO DE COMPOSTELA, 7 May. (EUROPA PRESS) -
A Consellería de Sanidade informou de que as probas clínicas realizadas á nena de 11 anos que faleceu en Oursense descartaron que tivese meninxite.
As probas non revelaron presenza de meningococo, segundo confirman.
A nena faleceu o pasado 30 de abril no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU). Naquel momento, a propia consellería informaba de que existía a sospeita dunha "infección meningócica invasora".
Ante este posible caso de meninxite, o Sergas activou o protocolo da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. De tal forma identificáronse 104 contactos estreitos no seu ámbito educativo e social durante os últimos 10 días.
Indicaban ademais que serían citados para recibir a medicación de prevención recomendada para estes casos. O departamento sanitario lembra agora que as medidas preventivas adoptadas foron as recomendadas polos protocolos de actuación nestes casos.