Descenden a 524 os casos activos en centros educativos e baixan a 24 as aulas inoperativas en Galicia

Archivo - Un grupo de nenos diríxese a entrar ao CEIP  Paradai, en Lugo.
Carlos Castro - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 27 mayo 2021 13:54

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 May. (EUROPA PRESS) -

   Os casos activos de Covid-19 en centros educativos en Galicia continúan coa tendencia descendente e caen a 524, que supoñen 13 menos que a xornada anterior, e as aulas inoperativas baixan a 24 --catro menos--, mentres que xa queda unha escuel infantil pechada --en San Sadurniño--.

   Segundo os datos actualizados este xoves polas consellerías de Educación e Sanidade, recollidos por Europa Press, indícase que a escola infantil da Rolada de San Sadurniño atópase pechada pola incidencia deste coronavirus, mentres que a da Cañiza que estivo inoperativa xa saíu da lista.

   Por áreas sanitarias, as infeccións activas en centros educativos descenden nas de Santiago (-8), Lugo (-4), A Coruña (-3) e Pontevedra (-3), mentres que ascenden lixeiramente nas de Ferrol (+2), Vigo (+2) e Ourense (+1).

   A área de Vigo segue á cabeza con 187 contaxios --dous máis-- e 15 aulas inoperativas --dúas menos--, mentres que xa non ten centros pechados, ao saír da lista a EIM A Cañiza, que fora clausurada por un positivo.

   Nesta área viguesa, así mesmo, mantense o centro con máis positivos de toda Galicia; o IES de Mos que acumula 33 infeccións activas --sen cambios-- e catro aulas pechadas. Pola súa banda, o IES Rosais 2 de Vigo segue con 11 casos.

   A continuación, a da Coruña sitúase con 107 infeccións activas --tres menos-- e reduce a tres as aulas pechadas --dúas menos--. O CPR Plurilingüe Hijas de Jesús mantense con 21 contaxios.

   Séguelle a de Santiago con 61 casos activos --oito menos-- e tres aulas pechadas --sen cambios--. O centro con máis positivos é o CPR Plurilingüe María Assumpta de Noia, con catro.

   Pola súa banda, a de Lugo sitúase con 60 infeccións activas --catro menos-- e segue por segunda xornada consecutiva sen aulas inoperativas. O centro con máis casos é o CEIP de Celeiro con oito contaxios, ao que segue o IES A Pinguela de Monforte de Lemos, con catro positivos --tres menos--.

   En canto á área de Pontevedra concentra 60 casos activos --tres menos-- e segue con tres aulas pechadas, dúas delas no CEIP Arealonga de Vilagarcía de Arousa por cinco positivos. Tamén o CEIP Plurilingüe Montemogos de Bueu conta con cinco contaxios.

MENOS CASOS

   Polo seu lado, como áreas con menos casos activos nos seus centros educativos mantéñense as de Ourense e Ferrol. A primeira aumenta a 34 as infeccións activas --unha máis-- e segue sen aulas pechadas pola incidencia deste coronavirus. Cinco dos positivos corresponden ao CPR Plurilingüe San José.

   E a área de Ferrol concentra 15 positivos --dous máis-- distribuídos en 11 centros e segue sen aulas inoperativas. Pola súa banda, mantén pechada a escola infantil A Rolada de San Sadurniño por un positivo.

Contenido patrocinado