SANTIAGO DE COMPOSTELA 24 Jun. (EUROPA PRESS) -
A asemblea de traballadores de Viza Automoción, con sede no Porriño (Pontevedra), acordou desconvocar por unanimidade a folga indefinida que mantiñan dende o martes ao chegar a un acordo coa dirección sobre o novo convenio colectivo, segundo informou a CIG.
O novo acordo laboral, que terá unha vixencia de dous anos, establece un incremento salarial para 2016 de 50 euros lineais para todos os traballadores máis un complemento para o persoal obreiro de 40 euros ao mes. Para 2017, a suba pactada fixa 50 euros lineais para todo o persoal indefinido.
Así mesmo, a empresa de capital galego comprométese a manter a carga de traballo para garantir o actual nivel de emprego.