SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Mar. (EUROPA PRESS) -
A Garda Civil detivo a un home, de 67 anos, como presunto autor de ferir cunha arma branca a un familiar nunha vivenda do municipio coruñés de Porto do Son.
Segundo fontes coñecedoras do suceso consultas por Europa Press, os feitos producíronse minutos antes das 20.00 horas deste xoves no lugar de O Curro, na parroquia de Xuño.
Até o lugar tamén se desprazaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que trasladaron ao ferido, de 68 anos, ao Hospital do Barbanza.