Detido en Loira, Valdoviño (A Coruña), Alfredo Sánchez Chacón, o 'Rambo' galego

Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 3 febrero 2022 9:21

FERROL 3 Feb. (EUROPA PRESS) -

Efectivos da Garda Civil detiveron sobre as 0,30 horas deste xoves a Alfredo Sánchez Chacón, coñecido popularmente como o 'Rambo' galego, un apresamento que foi posible grazas á colaboración cidadá.

A súa detención produciuse na parroquia de Loira, no municipio coruñés de Valdoviño. O fuxido tentou entrar por unha xanela nunha vivenda do lugar do Calvario, pero foi descuberto e perseguido por dous homes, que lograron apresalo e inmobilizalo no Cruceiro, até a chegada da Garda Civil.

Sánchez Chacón era buscado desde marzo do pasado ano despois de que non regresase ao cárcere na que estaba a cumprir condena, a de Monterroso, en Lugo, após un permiso penal.

Contenido patrocinado