Dous terzos dos graos universitarios públicos en Galicia xa están completos tras a segunda chamada á matrícula

Archivo - Arquivo - Alumnos durante o primeiro día de selectividade en Galicia, a 3 de xuño de 2025, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). Un total de 12.946 estudantes galegos están matriculados para participar, entre este martes e este
Álvaro Ballesteros - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 14 julio 2025 16:38

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Dous terzos dos graos que ofertan as universidades públicas galegas --132 dun total de 194, o 68%-- xa están completos e non aceptan máis alumnos despois do segundo chamamento á matrícula que realizou este luns a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG).

   A que menos oferta ten libre é a Universidade de Santiago de Compostela (USC), con 54 titulacións de 66 con todas as súas prazas cubertas, o 81,8%. Séguelle a da Coruña (UDC), con 35 carreiras pechadas dun total de 55, o 63,6%.

   Pola súa banda, a Universidade de Vigo (UVigo), que no primeiro chamamento celebrado a semana pasada non se completou ningún dos seus graos, no deste luns pechou 43 dunha oferta de 73 titulacións, un 58,9%.

   Os alumnos que resultasen convocados nalgunha das titulacións terá de prazo desde as 00.01 horas deste martes até as 23.59 horas do mércores para formalizar a matrícula.

   No entanto, aínda poden esperar a que en futuros chamamentos sexan convocados a outra titulación de maior preferencia, xa que haberá até nove cortes até o mes de outubro. O seguinte será este venres, 18 de xullo.

   Os alumnos que fixesen a convocatoria extraordinaria da Proba de Acceso á Universidade (PAU) incorporaranse ao cuarto chamamento, que será o 24 de xullo, pero atoparanse con que a gran maioría dos graos xa están completos.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado