Educación descarta a transformación do IES Lamas de Abade en centro integrado de FP, aínda que estudou a posibilidade

A proposta foi criticada pola Federación de ANPA de Compostela e a CIG-Ensino

Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 15 febrero 2021 20:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade descartou a transformación do IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela en centro integrado de formación profesional, unha proposta que estivo nos plans da Xunta pero que finalmente quedou "descartada".

CIG-Ensino advertiu hai días de que os servizos de inspección estaban a realizar visitas e estudando posibilidades para incrementar a rede de centros integrados de FP, mediante a tranformación de institutos de diversas cidades galegas.

Posteriormente, o sindicato e a comunidade educativa indicaban que o IES Lamas de Abade de Compostela tratábase dun dos centros escollidos dentro dos plans da Consellería de Educación.

A Federación de ANPA Compostela remitiu un comunicado este mesmo luns no que alertaban á súa vez desta posibilidade, procedendo ao peche do IES e trasladando aos seus alumnos a outros centros da mesma cidade.

Unha posibilidade que, segundo denuncian, suporía "un despropósito" na situación actual de pandemia sanitaria, posto que hai centros que "non poden garantir a presencialidade total" e porque "suporía un incremento da saturación" destes institutos da contorna, ademais da perda de prazas escolares.

Fontes de Educación confirmaron a Europa Press que a posibilidade estivo encima da mesa pero que finalmente quedou descartada ao "non encaixar nos obxectivos previstos" para mellorar a oferta de FP na comunidade galega.

Desde CIG, pola súa banda, censuraron a "falta de transparencia e de información directa" por parte dos responsables autonómicos ao colectivo de profesores e familias e reclamou que se aborde nunha mesa sectorial.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado