Extinguidos os incendios forestais da Pobra do Brollón, Maceda, Montederramo, A Mezquita e Avión

Seguen controlados os de Oímbra e Xinzo de Limia, Larouco e Chandrexa de Queixa

Avance do lume, a 26 de agosto de 2025, en Canóns do Sil, Lugo, Galicia (España).
Adrián Irago - Europa Press
Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 30 agosto 2025 21:22

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Ago. (EUROPA PRESS) -

    Os incendios forestais da Pobra do Brollón, Maceda, Montederramo, A Mezquita e Avión, que calcinaron máis de 15.320 hectáreas, quedaron extinguidos na tarde deste sábado.

    Así o informou a Consellería do Medio Rural na súa última actualización sobre incendios en Galicia, con datos solicitados até as 20.45 horas de lumes de máis de 20 hectáreas.

    En cifras, o incendio da Pobra do Brollón, na parroquia de Abrence, calcinou 1.107, 24 hectáreas das cales 1.057,24 son de monte arboledo e o resto de monte raso.

    O lume de Mecda, nas parroquias de Santiso e Castro de Escuadro, afectou a 3.665 hectáreas -- un total de 3.250 son de monte raso e 415 de arboledo, parte delas no municipio de Vilar de Barrio--.

    O incendio forestal de Montederramo, na parroquia de Paredes, calcinou 209,02 hectáreas -- 157,72 delas son de monte raso-- e o de Avión, na parroquia de Nieva queimou 340,37 hectáreas --das cales 272,37 son de monte raso--.

    En canto ao lume da Mezquita, parroquia da Esculqueira, que calcinou terreo en oito localidades da provincia e estendeuse até Lugo por Quiroga, afectou a un total de 10.004 hectáreas --das cales 5.636 son de monte raso e 4.368 de monte arboledo--.

    Así mesmo, seguen controlados os indencios de Oímbra e Xinzo de Limia, nas parroquias da Granxa e Gudín, (17.000 hectáreas; o de Larouco, parroquia de Seadur, (30.000 hectáreas); e o de Chandrexa de Queixa (19.000 hectáreas).

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado