Falece Xosé Manuel Beiras, referente histórico do nacionalismo galego

Archivo - Xosé Manuel Beiras, histórico dirixente nacionalista.
EUROPA PRESS - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 8 octubre 2026 9:08

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Xosé Manuel Beiras Torrado (Santiago de Compostela 1936- Brión 2026), referente histórico do nacionalismo galego, faleceu na pasada madrugada na súa casa da Reboraina, en Brión, con 90 anos de idade.

    Fontes da contorna do economista, cunha dilatada traxectoria política en Galicia, confirmaron o seu falecemento a Europa Press.

   Entre as primeiras condolencias públicas está a da líder do BNG, Ana Pontón, quen subiu en redes sociais unha fotografía con el. Recoñece no seu post que "deixa unha gran pegada en varias xeracións de galegos e galegas".

   "Ten un lugar para sempre no corazón e na historia do Pobo galego. Un forte agrazo a Ricardo, Daniel e toda a súa familia", conclúe.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado