Feijóo anuncia un programa de "impostos cero" no rural

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 14 octubre 2015 14:15

SANTIAGO DE COMPOSTELA 14 Oct. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou un programa de "impostos cero" no ámbito das competencias da Administración autonómica e que terá o seu reflexo nos presupostos galegos para o próximo 2016.

Ao respecto, e no seu discurso no que constitúe o seu último debate de política xeral desta lexislatura, Feijóo especificou que "ningunha transmisión de terreos en solo rústico pagará imposto de transmisións patrimoniais" e tamén deixará de tributar a transmisión ou ampliación de explotacións agrarias".

Así mesmo, Feijóo, quen subliñou que no rural hai "opcións reais de futuro", avanzou que as agrupacións de terreos rústicos tampouco pagarán o imposto de actos xurídicos documentados.

Para o sector lácteo, avanzou a longo prazo unha "maior industrialización" do sector, para o que se porán a disposición un total de 30 millóns de euros. A medio prazo, recordou medidas como a promoción da marca Galega 100% e, a curto, a previsión de inxectar 80 millóns de euros para facilitar empréstitos aos donos das explotacións, e o adianto das axudas da PAC.

SANEAMENTO

Por outro lado, destacou as políticas de medio, ao respecto do que recordou a inversión de 460 millóns de euros para a construción das infraestruturas "necesarias" para sanear as rías de Ferrol, Vigo, Arousa e O Burgo.

"E con carácter inmediato impulsaremos tamén as precisas no caso da ría de Pontevedra", agregou Feijóo, quen destacou o "maior impulso nunca dado en Galicia ao saneamento das rías".

Contenido patrocinado