SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Ago. (EUROPA PRESS) -
Dúas persoas tiveron que se trasladadas tras chocar unha moto e un motocultor na DP-7306 na parroquia de Carreira, no municipio coruñés de Ribeira.
Segundo informou o 112, o suceso produciuse sobre as 12.45 horas deste domingo e foi un particular o que deu a voz de alarma. Ademais, o accidente obrigou a cortar o tráfico mentres se atendían aos feridos.
Até o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que trasladaron ao motorista en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago, e o outro ferido foi trasladado en ambulancia ao Hospital do Barbanza.
No operativo tamén participaron os Bombeiros de Ribeira, a Garda Civil e a Policía Local.