Ferido grave un motorista nunha colisión entre un turismo e un ciclomotor en Vilar de Santos (Ourense)

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 17 diciembre 2013 20:51

OURENSE 29 Ago. (EUROPA PRESS) -

Unha persoa resultou ferida de carácter grave nun accidente rexistrado entre o seu ciclomotor e un turismo na localidade ourensana de Vilar de Santos.

Segundo os datos facilitados pola Garda Civil de Tráfico, o sinistro tivo lugar sobre as 12.05 horas na estrada OU-531, no cruzamento do polígono industrial na estrada de Xinzo a Cortegada.

A Garda Civil de Tráfico explicou que neste accidente se viron implicados un turismo e un ciclomotor e se saldou cunha persoa ferida de carácter grave.

O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia e un médico, aínda que finalmente foi o helicóptero do 112 con base en Ourense medicalizado o que evacuou o ferido ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

A circulación na zona viuse interrompida para que o helicóptero puidese aterrar no lugar para recoller o ferido e o evacuar ao hospital, segundo sinalaron fontes do 112 a Europa Press.

Tamén sobre as 11.15 horas deste xoves sucedeu outra colisión entre un turismo e unha moto na avenida Benigna Rivera en Lugo, na que resultou ferida unha persoa, que foi levada en ambulancia medicalizada ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Contenido patrocinado