SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 May. (EUROPA PRESS) -
Un home resultou ferido este sábado tras quedar atrapado debaixo dun chimpín no lugar do Mosteiro, na localidade lucense de Cervantes.
Segundo trasladou o 112, sobre as 12,00 horas os servizos sanitarios solicitaban axuda para liberar a un home que quedara atrapado baixo un vehículo agrícola de pequenas dimensións.
Con esta información, os xestores de emerxencias deron aviso aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil de Cervantes, que liberaron ao ferido.