Formoso advirte após reunirse con Borrell que Galicia ten que "prepararse" porque a guerra "vai para longo"

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, xunto ao Alto Representante da Unión para Política Exterior e de Seguridade, Josep Borrell
PSDEG
Europa Press Galicia
Publicado: martes, 13 septiembre 2022 20:03

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, advertiu que a sociedade galega debe "prepararse" ante os "efectos prolongados" que terá a guerra de Ucraína, xa que este conflito "vai para longo".

   Así o manifestou despois de manter este martes un encontro co Alto Representante da Unión para Política Exterior e de Seguridade, Josep Borrell, no marco da súa viaxe a Estrasburgo.

   En declaracións aos medios após o encontro, Formoso manifestou que Borrell lle trasladou que o conflito bélico "vai para longo" e que a sociedade europea e galega debe "prepararse para uns efectos prolongados" da guerra "sobre todo nos prezos, tanto dos combustibles como dos alimentos".

   Para o tamén presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, este contexto "obriga" aos cargos políticos a "axilizar", "optimizar" e "dedicarse todo o máis importante" aparcando "cuestións menores".

   Ao seu xuízo, é tempo de exercer a política "da mellor maneira posible e coa maior altura de miras e compromiso co país", polo que convidou á Xunta a abandonar a estratexia de "confrontación permanente que deixou (Alberto Núñez) Feijóo e herdou (Alfonso) Rueda".

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado