VIGO 29 Jul. (EUROPA PRESS) -
Un dos 14 sobreviventes do naufraxio do pesqueiro 'Argos Georgia' Francisco Gondar relatou o ocorrido durante a traxedia: "Foi terrorífico. Non se nin como sobrevivimos".
Nunha entrevista en Antena 3, recollida por Europa Press, o mariñeiro explicou como viviu en primeira persona o afundimento do buque e as preto de 20 horas que estivo na balsa á espera de ser rescatados. "Foi terrorífico. Física e mentalmente. Sobre todo pola perda dos nosos compañeiros, pobrecitos, doe", indicou.
Tal como explicou, grazas ás cámaras que tiña "por todos lados" o buque decatáronse de que entraba auga "masivamente". "Era imposible solucionalo. Tentouno por todos os medios o xefe", engadiu.
Así, tiveron que montarse nas balsas salvavidas onde "entraron en hipotermia" e "non eran capaces de moverse". "Non podiamos articular practicamente palabras. Horrible, é unha agonía. Mentalmente é moi duro", apostilou, visiblemente emocionado.
"O peor recordo é cando perdín de vista ao técnico de pesca", subliñou, debido á relación máis estreita que tiña co seu compañeiro. "Con ese temporal non se nin como sobrevivimos", dixo.
A pesar de todo, agradeceu aos mariñeiros rusos que ían no barco as súas forzas. "Se non fose polos rusos non faciamos nada. Eles baleiraban a auga. Nas últimas dúas horas si que pensei que morriamos", sentenciou.