César Arxina - Europa Press - Archivo
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 31 Oct. (EUROPA PRESS) -
O proceso de vacinación contra a Covid-19 en Galicia segue coa administración doutras 2.578 doses e con 607 persoas máis que finalizaron o proceso.
Segundo os datos publicados na mañá deste domingo pola Consellería de Sanidade no 'Cronómetro de vacinación' con respecto á xornada do sábado, recollidos por Europa Press, administráronse até a data 4.478.093 dose, que supoñen 2.578 máis que o día pasado, o 99,3 por cento das 4.510.249 recibidas en Galicia até o momento.
Das doses administradas 607 foron para completar pauta, polo que ascenden a 2.293.944 os cidadáns co proceso finalizado no conxunto da Comunidade galega, o 84,96% do total de habitantes e o 93,45% da poboación diana --maiores de 12 anos--.
Por grupos de poboación por vulnerabilidade, hai 19.253 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 17.593 dependentes non institucionalizados e 27.398 institucionalizados. Mentres, 2.085.274 vacináronse chamados pola súa idade.
Por probabilidade de exposición, 72.657 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 27.168 do sociosanitario e 44.080 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.
O proceso de vacinación contra este coronavirus continúa nos hospitais do Servizo Galego de Saúde, despois de pechar os centros de vacinación masiva, coa administración de segundas doses pendentes e autocita para maiores de 12 anos, así como coa posibilidade de acudir sen cita previa. E desde este pasado luns, os maiores de 80 anos reciben a dose de reforzo contra a Covid en centros sanitarios de cabeceira, en paralelo coa campaña antigripal.