Galicia segue como líder en produción de kiwi, con 16 toneladas ao ano

Kiwi galego
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 5 enero 2018 13:56

   VIGO, 5 Ene. (EUROPA PRESS) -

   Galicia mantense como a principal área produtora de kiwi de España, con máis de 16 toneladas anuais cultivadas nunha superficie que rolda as 700 hectáreas, e un total de 87 explotacións que se dedican á produción tanto de kiwi como de fresa e arándano.

   Así o comunicou este venres a Consellería de Medio Rural, que informou que do total de explotacións das que se ten constancia, 48 corresponden ao kiwi, seguidas de 27 de fresa, e outras 12 de arándano.

   Por provincias, estas producións localízanse "claramente" na fachada atlántica, con case o 90 por cento do total, polas súas condicións climatolóxicas.

   Así, na Coruña hai 39 cultivos e en Pontevedra 36, mentres que en Lugo hai 7 e en Ourense 5.

   O caso do kiwi é "paradigmático" neste sentido, pois máis da metade das explotacións (27) están en Pontevedra e A Coruña suma 16, mentres que Lugo ten cinco e Ourense ningunha.

   A Xunta, que lembrou que o cultivo de kiwi iniciouse en España en 1969, concretamente en Gondomar e Tui (Pontevedra), manifestou que en Galicia hai dúas organizacións profesionais de froitas e hortalizas (Horsal e Kiwi Atlántico) e no caso dos arándanos destacou a explotación Horticina.

Contenido patrocinado