O Goberno abre a información pública declarar lugares de memoria O Vello Cárcere (Lugo) e Campo Aragón (Ourense)

Archivo - Arquivo - Lanuxe Cárcere de Lugo
VELLO CÁRCERE - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 9 octubre 2026 11:35

LUGO 9 Oct. (EUROPA PRESS) -

O Goberno central abre o período de información pública para a declaración como lugares de memoria da antiga prisión provincial de Lugo, coñecida como O Vello Cárcere, e de Campo Aragón, situado en Ourense nos terreos do antigo cuartel de San Francisco.

Após comezar o pasado mes de xuño senllas incoacións destes procedementos, a partir deste sábado ábrese un período de 20 días para examinar o expediente e presentar alegacións.

Precisamente, o secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez López, visitou ambos os lugares en Ourense e Lugo nos últimos meses para dar conta do inicio dos trámites.

Campo Aragón, en Ourense, foi escenario de numerosos fusilamentos após o golpe de estado de xullo de 1936, xa que segundo a documentación recollida no expediente, entre 1936 e 1939 foron asasinadas alí 133 persoas. Entre elas, figura o alcalde da cidade, Manuel Suárez Castro, e Erundina Álvarez Pérez, a única muller executada neste lugar.

No caso da prisión provincial de Lugo, agora rehabilitada nun espazo cultural, a raíz do golpe franquista albergou a miles de presos políticos e converteuse nun lugar de castigo.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado