Gómez Reino insiste en que o ingreso mínimo vital será "fundamental" e pide un reforzo da Risga

O portavoz de Galicia en Común - Anova Mareas, Antón Gómez Reino
GALICIA EN COMÚN
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 8 mayo 2020 13:35

SANTIAGO DE COMPOSTELA 8 May. (EUROPA PRESS) -

O portavoz de Galicia en Común-Anova-Mareas, Antón Gómez-Reino, defendeu o ingreso mínimo vital que esta deseñando o Goberno Central e que será "sempre complementario" con todas as rendas que existen a nivel autonómico.

Neste sentido, considerou que a Risga, a renda de inclusión social de Galicia, teríase "que ampliar" desde a capacidade que ten a administración autonómica de detectar aquelas situacións familiares "máis desfavorecidas".

Gómez-Reino asegurou que o Estado traballa no deseño normativo e orzamentario para dispor desta renda "canto antes", e sinalou que "se fala de que en maio" estaría terminado, aínda que a súa implantación dependerá do trámite de aprobación.

É por iso que chamou ao conxunto de forzas políticas galegas con representación no Congreso a "que se poñan ao lado" desta medida e "voten a favor", posto que a iniciativa "axudará día a día a miles de galegos e galegas".

Tamén se referiu ao arranque da comisión parlamentaria para a reconstrución social e económica para incidir en que será "fundamental" lograr "amplos consensos" no conxunto do Estado para avanzar nesta tarefa, sobre todo ante materias que no seu momento foron "eixo de debate ideolóxico" e que agora "se desvelaron" como elementos "de sentido común".

Gómez-Reino referiuse, en concreto, "á defensa irrenunciable dos servizos públicos" e a "acabar coas políticas de austeridade", que "debilitan as estruturas publicas"; asegurar unha renda aos cidadáns que garanta "que poidan saír adiante"; ou emprender unha intervención pública "decidido" na economía, ademais de reforzar o papel do Estado no contexto europeo para dar "unha saída colectiva e cooperativa da crise".

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado