González Formoso chama á "participación masiva" nas primarias para "servir de exemplo" á cidadanía galega

Valentín González Formoso vota no proceso de primarias no que é candidato.
EQUIPO DE LA CANDIDATURA DE GONZALO FORMOSO
Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 30 octubre 2021 14:11

    A CORUÑA, 30 Oct. (EUROPA PRESS) -

   O candidato ás primarias do PSdeG Valentín González Formoso emitiu o seu voto na súa agrupación das Pontes, localidade na que é rexedor, e desde onde chamou á "participación masiva" no proceso interno activado na formación.

   Formoso, tamén presidente da Deputación da Coruña, remarcou a mensaxe de que todos os socialistas participen de forma "masiva" no proceso de primarias, co fin de "servir de exemplo á cidadanía galega".

   "Hoxe é un día francamente bonito para esa expresión democrática que só o PSOE pode gozar internamente, como son as primarias", sentenciou, antes de subliñar que é "o día no que o PSdeG ten que dar exemplo á cidadanía galega" de que os socialsitas están "implicados" nos procesos democráticos e saben "gozar" dos mesmos.

   Para o candidato é "moi importante" que a militancia "teña a potestade de escoller os seus liderados" a través dunha ferramenta que sitúa ao PSOE --dixo-- "á vangarda na implantación dos procesos democráticos na vida política".

   Pola tarde, González Formoso desprazarase até a sede galega do PSdeG, en Santiago, para realizar desde alí, a partir das 20,30 horas, un seguimento do proceso electoral e do reconto de votos.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado