Un incendio provoca danos importantes nunha vivenda en Gondomar (Pontevedra)

Archivo - Axega Informa dun incendio.
CENTRAL DE COORDINACIÓN AXEGA - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 23 octubre 2023 19:44

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Un incendio deixou danos considerables nunha casa de dúas plantas, na parroquia de Borreiros, en Gondomar. Non houbo danos persoais.

   Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polos axentes da Garda Civil, o lume calcinou por completo a primeira planta da vivenda, aínda que non houbo que lamentar danos persoais, nin tampouco ás vivendas contiguas.

   Foi a chamada dun particular ao 112 Galicia a que alertou de que estaba a arder unha habitación da vivenda. Os feitos ocorreron ao fío das 16,30 horas, no lugar A Bandeira.

   O 112 informou aos omberos de Vigo e do Porriño, ao GES de Val Miñor, aos axentes da Garda Civil, á Policía Local e aos membros de Protección Civil de Val Miñor.

   Os servizos de emerxencia, unha vez controladas as chamas e sufocado o incendio, confirmaron ao 112 Galicia que ardeu por completo a primeira planta da casa.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado