Investigan a morte por un disparo dun home en Mesía

Archivo - Arquivo - Coche da Garda Civil nunha imaxe de arquivo.
GUARDIA CIVIL - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 11 agosto 2025 9:34

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Ago. (EUROPA PRESS) -

   Un home faleceu o pasado domingo após recibir un disparo por arma de fogo no municipio coruñés de Mesía.

   Segundo informa a Garda Civil, os feitos ocorreron sobre as 17,10 horas. Ao lugar acudiu un helicóptero medicalizado após un aviso ao 112 Galicia.

   Axentes do equipo de criminalistica da Garda Civil realizaron unha inspección ocular no lugar dos feitos durante o doming. A investigación levaraa o equipo de Policía Xudicial de Santiago.

   Segundo as fontes consultadas por Europa Press, polo momento están abertas todas as hipóteses. A investigación está baixo segredo de sumario.

Contenido patrocinado