Jennifer Lopez actuará o 8 de xullo en Pontevedra, dentro da súa xira 'Up all night Live en 2025'

Jennifer Lopez actuará o 8 de xullo de 2025 en Pontevedra, no parque de Tafisa, dentro da súa xira 'Up all Nigth Live in 2025'.
LAST TOUR
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 7 abril 2025 17:12

PONTEVEDRA 7 Abr. (EUROPA PRESS) -

A artista internacional Jennifer Lopez actuará este verán en Pontevedra, dentro da súa xira 'Up all night Live in 2025', única parada da cantante, actriz e bailarina en Galicia.

Así, a cita será o 8 de xullo no parque de Tafisa, antes de recalar noutros puntos da xeografía española, como Cádiz (10 de xullo), Málaga (11 de xullo), Barcelona (15 de xullo) e Bilbao (16 de xullo).

Jennifer Lopez, neoiorquina de ascendencia portorriqueña, vendeu até a data máis de 80 millóns de discos, acumula máis de quince mil millóns de reproducións e conta con case 28 millóns de oíntes mensuais, só en Spotify.

Ademais de cantante e bailarina, tamén exerce como produtora, empresaria e actriz en películas e series. Entre os galardóns que obtivo ao longo da súa carreira están os American Music Awards, MTV Vídeo Music Awards, ou os Grammy Latinos.

Contenido patrocinado