Localizado na praia de Bimbieiro o corpo sen vida dunha muller desaparecida en Ortigueira (A Coruña)

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 18 marzo 2024 10:44

    A CORUÑA, 18 Mar. (EUROPA PRESS) -

 O corpo sen vida dunha muller de Ortigueira que se atopaba en paradoiro descoñecido desde este domingo foi localizado na praia de Bimbieiro, segundo informou Emerxencias 112 de Galicia.

Segundo indicou o 112, ao redor das 17,00 horas deste domingo, a muller acudiu ao areal no seu coche e cun traxe de neopreno para nadar.

Así o explicou a súa parella cando, ao redor das 23,00 horas, chamou ao servizo de emerxencias para pedir axuda.

Ao redor do cinco da tarde de onte, acudiu ao areal no seu coche e cun traxe de neopreno para nadar.

Así o explicou a súa parella cando, contra o once da noite pasada, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Sinalou que trataron de porse en contacto con ela por teléfno, pero sen éxito. Finalmente, decidiron acudir á praia de Bimbieiro, onde había ir a nadar, e onde atoparon o seu vehículo, pero sen ela. Pouco despois, localizárona na mesma praia falecida.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron a persoal de Salvamento Marítimo, axentes da Garda Civil, membros do GES de Ortigueira e Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que só puideron confirmar o falecemento.

 

Contenido patrocinado