Carlos Castro - Europa Press
OURENSE, 14 Jun. (EUROPA PRESS) -
O presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, anunciou que non se postulará como candidato a presidir a Deputación no próximo mandato. Renuncia á acta como concelleiro de Esgos e non poderá seguir, en consecuencia, formando parte da institución provincial.
Esta saída porá fin a un ciclo político no que o apelido Baltar estivo ligado á institución provincial, nos últimos 11 anos da man do até agora presidente; e en durante máis de dúas décadas previas co seu pai, José Luis Baltar Pumar, en posesión do bastón de mando provincial.