Morre un motorista ao chocar contra un sinal de tráfico nas Pontes (A Coruña)

Archivo - Arquivo - Sede do 112, Axega
112 - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: martes, 16 mayo 2023 19:12

   FERROL, 16 May. (EUROPA PRESS) -

   Un motorista morreu na tarde deste martes no municipio das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), ao chocar contra un sinal de tráfico.

   Segundo informa o 112 Galicia, o accidente ocorreu ao fío das 15,00 horas na parroquia de Goente, nun cruzamento entre a AC-564 e a AC-142. Nese momento, un particular chamou para alertar do ocorrido á central de emerxencias.

   Así, o 112 pasou o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou até o punto un helicóptero medicalizado. Con todo, os sanitarios non puideron facer nada para salvarlle a vida.

   Tamén interviñeron os bombeiros do Eume, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil das Pontes.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado