Morre un traballador tras un accidente co guindastre que manexaba no Porto de Marín (Pontevedra)

Europa Press Galicia
Publicado: martes, 3 noviembre 2020 13:10

   PONTEVEDRA, 3 Nov. (EUROPA PRESS) -

   Un traballador faleceu na mañá deste martes nun accidente laboral rexistrado co guindastre que manexaba no Porto de Marín (Pontevedra).

   Así o informou o 112, que sinalou que o equipo sanitario desprazado non puido facer nada por salvarlle a vida após este accidente laboral, ocorrido sobre as 11,30 horas.

   Á zona o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital avanzado cuxo persoal confirmou o falecemento do home M.A.F.M., de 61 anos de idade, indicaron a Europa Press fontes sanitarias.

   Ademais de persoal do 061 acudiron ao lugar axentes da Garda Civil e da Policía Local para aclarar as circunstancias deste sinistro.

Contenido patrocinado