SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Sep. (EUROPA PRESS) -
Unha muller de 74 anos faleceu este mércores ao caer por un desnivel cando realizaba traballos de roza nunha leira particular situada no municipio lugués de Lourenzá.
Segundo informaron os servizos de emerxencia, o accidente produciuse ao redor das 12,00 horas da mañá deste xoves no lugar de Castiñeiras Verdes, que pertence á parroquia de San Tomé de Lourenzá.
A vítima atopábase realizando tarefas de roza na leira cando se precipitou desde unha altura de tres metros. Desprazados ao lugar, os efectivos de Urxencias Sanitarias 061 non puideron facer nada pola vida da muller, que faleceu no lugar.
Até a zona tamén se mobilizaron axentes da Garda Civil e da agrupación de voluntarios de Lourenzá.