SANTIAGO DE COMPOSTELA 28 Mar. (EUROPA PRESS) -
OQO Editora e o seu departamento audiovisual, OQO Filmes, participarán cun stand propio no espazo 'Achegarte 2011', que acollerá entre o 2 e o 3 de abril o recinto feiral de Palexco en A Coruña.
Achegarte 2011 constitúe un espazo aberto para dar a coñecer a cultura que se fai en Galicia en todos os ámbitos, dende a literatura á música, a danza, a ilustración, a maxia ou as novas tecnoloxías, entre outros.
OQO Editora contará nesta cita cun stand propio onde o público asistente poderá coñecer o seu fondo e últimas novidades. Así mesmo, tamén estará presente no espazo dedicado á música galega, cun concerto-espectáculo de 'A nena e o grilo' ofrecido o domingo por Magín Blanco.
Pola súa banda, OQO Filmes participará na sección audiovisual 'Cinema para os máis pequenos' o sábado ás 18.00 horas, coa mostra de cinco curtametraxes feitas en stop motion e baseadas en libros de OQO Editora.