SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Feb. (EUROPA PRESS) -
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución pola que se anuncia a convocatoria de nove bolsas de formación en prácticas para titulados universitarios en diversas áreas do Parlamento de Galicia.
De maneira concreta, hai dúas bolsas para as áreas de arquivo, biblioteca e documentación, outras dúas para comunicación institucional e dúas para o servizo de publicacións. Para a área de recursos humanos e contratación se reserva unha praza e outra se destina a xestión parlamentaria.
Adicionalmente, as persoas cunha discapacidade intelectual igual ou superior ao 33% que conten cunha titulación universitaria ou de formación profesional poderán optar a unha bolsa de formación en tarefas de asistencia xeral e administrativas.
A duración das bolsas ascenderá a 12 meses e as solicitudes poderán presentarse nun prazo de 20 días após a publicación do extracto no DOG, segundo trasladou a Cámara galega. Ademais, a información relativa a esta convocatoria pode consultarse na páxina web do Parlamento.