Pedro Duque abrirá unha edición "especial" da feira Talentia Summit, que se celebrará integramente de forma telemática

Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 11 noviembre 2020 14:22

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Nov. (EUROPA PRESS) -

   O ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, será o encargado de abrir este ano a feira de emprego Talenta Summit, que vivirá en 2020 unha edición especial que se celebrará integramente de forma telemática.

   "Será unha edición moi diferente, pero con moitos aspectos que veñen para quedar", sinalou o rexedor de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa celebrada este xoves no Pazo de Raxoi para presentar unha feira virtual que abrirá o prazo de inscrición este sábado 14 de novembro.

   O director da feira, Xabier Ferreiro, incidiu en que o traslado íntegro ao dixital permitirá que "todas as persoas que queiran recoller información ou interrelacionarse" poidan facelo nun lugar "ideal" como Talentia Summit, que manterá tecnoloxicamente conferencias e casetas das empresas.

   En total serán máis de 18.000 actividades, algunhas delas sen necesidade de inscrición previa, como actividades formativas, webinarios, 'mentoring' ou encontros con orientadores profesionais.

   Ademais, en Talentia Summit 2020 estarán presentes "as mesmas empresas" que o farían se a súa celebración fose presencial. Así, haberá casetas virtuais atendidas por persoas das compañías que ofrecerán información sobre a "cultura" da empresa ou o tipo de perfil profesional que buscan.

   Para as actividades de formación existen dúas liñas que contan, respectivamente, con 2.000 e 1.000 prazas para actividades e cursos, ademais doutras 800 para a formación virtal.

   En canto ás aulas virtuais de 'mentoring', Talentia Summit habilitará 672 plaazas para conversacións nas que participarán até 28 persoas; mentres que para as conversacións orientadores profesionais haberá 360 prazas.

"ALEGRÍA DE QUE SIGA ADIANTE"

   Pola súa banda, o rexedor santiagués mostrou a súa "alegría" por que esta cita siga adiante un ano máis. Bugallo recoñeceu que estivo sobre a mesa a posibilidade de manter unha parte da feira de forma presencial pero "finalmente non foi posible".

   "O importante é que Talentia siga", remarcou Sánchez Bugallo, que augurou que a edición do próximo ano "será a mellor de todas".

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado