Pescan unha pequena quenlla na praia de Queiruga, en Porto do Son

Pequena quenlla capturada na praia de Queiruga, en Porto do Son (A Coruña)
CEDIDA
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 23 agosto 2018 12:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 Ago. (EUROPA PRESS) -

Un mozo pescou na madrugada deste xoves unha pequena quenlla na praia de Queiruga, no municipio coruñés de Porto do Son. O animal medirá, segundo os seus cálculos, uns 90 centímetros.

En declaracións a Europa Press, o mozo natural de Santiago Daniel Ferro explicou que se atopaba pescando coa súa parella neste areal cando, sobre as 4,00 horas, algo movía a súa cana.

"Puxen cebo grande porque estaba a buscar robalizas. Nese momento deume unha picada e, cando botei as mans á cana, dobrouma e estiven entre 10 e 15 minutos tirando", relata. Tras iso, conseguiu "cansalo e varalo na area".

Finalmente, Daniel Ferro declarou que está a estudar conservalo a través dun proceso chamado taxidermia, "algo parecido ao disecado", explica.

O mozo pescador mostrouse "moi sorprendido" de capturar o exemplar "desde a costa", un lugar ao que estas pequenas quenllas, asegura, é "complicado" que se acheguen.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado