Pontón considera que este 8-M demostra que o feminismo "non é unha moda", senón "unha semente que prendeu" na sociedade

BLOQUE NACIONALISTA GALLEGO
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 9 marzo 2023 14:32

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 9 Mar. (EUROPA PRESS) -

   A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sentenciou que as mobilizacións do pasado 8 de marzo, Día da Muller, evidencian que o feminismo "non é unha moda", senón "unha semente que prendeu" na sociedade.

   "O futuro será femimista ou non será", aseverou a líder frontista en declaracións aos medios este xoves, un día despois das manifestacións que reuniron miles de persoas en decenas de localidades de Galicia.

   Pontón incidiu na necesidade de impulsar unha "axenda feminista galega" para avanzar "após 14 anos dun executivo do PP que arrastra os pés cando se trata de mellorar os dereitos das mulleres".

   Para a portavoz nacional do Bloque, os populares son "unha rémora" para os dereitos das mulleres que, ademais, "se alían coa extrema dereita" para que "vaian cara atrás", polo que apelou a pór en marcha medidas que recollan as demandas dun movemento feminista que, ao seu xuízo, mostrou "a súa fortaleza e vitalidade" o pasado mércores.

   Esta "axenda feminista" inclúe, como avanzou Pontón, a creación da figura da "Defensora da Igualdade", que define como "un organismo autónomo con capacidade de impulsar sancións" para velar polo cumprimento da igualdade e a loita contra a discriminación.

   Todo iso para "pór a Galicia na vangarda do feminismo cun modelo que xa existe nos países nórdicos", incidiu Pontón, que tamén se comprometeu a introducir cláusulas na contratación pública a través dunha lei que "blinde" que non se financie con diñeiro público "a discriminación".

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado