Popular TV pecha en Galicia a partir do 31 de xullo

Actualizado 04/07/2013 15:58:58 CET

A cadea apunta á "imposibilidade económica de manter o proxecto" ante a falta de ingresos publicitarios

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Jul. (EUROPA PRESS) -

A cadea Popular TV decidiu pechar en Galicia e cesar as súas emisións a partir do próximo 31 de xullo, "debido á imposibilidade económica de manter o proxecto".

A Xunta de Accionistas de Popular TV, formada polos bispos das cinco dioceses galegas e que conta tamén cunha participación minoritaria do Grupo Cope, decidiu, na reunión mantida pasado 21 de xuño, suspender as emisións da cadea autonómica.

Nun comunicado, a cadea apunta á falta de inversión publicitaria por parte do sector privado e os limitados ingresos de publicidade institucional como factores clave que "fan inviable" que prosigan as emisións.

CASE CATRO ANOS DE EMISIÓNS

O proxecto iniciouse hai sete anos, coa concesión da licenza por parte do goberno da Xunta de Galicia, naquel momento presidido por Manuel Fraga.

Popular foi unha das dúas licenzas adxudicadas no ano 2005 e foi a primeira cadea privada de Galicia en iniciar as súas emisións o 9 de outubro do 2009.

Popular deixará de emitir o seu sinal e os seus traballadores, un equipo formado por unha vintena de profesionais, entre empregados e colaboradores, deixarán os seus postos o 31 de xullo.