SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Jun. (EUROPA PRESS) -
Os senadores do PP por Lugo piden explicacións ao Goberno central sobre "o trato distinto" a Galicia que ao resto de comunidades despois de que a ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, afirmase que o proxecto que Altri quere instalar en Palas de Rei (Lugo) non recibirá axudas por parte do Estado.
Nun comunicado, o senador do PP Lucense José Manuel Barreiro considerou "moi grave" que un membro do Executivo central garanta que Altri non vai contar con fondos do Estado "mesmo antes de presentar a documentación necesaria para saber se cumpre os requisitos.
"O proxecto para a instalación dunha planta de fibras téxtiles en Palas de Rei superou a tramitación ambiental en Galicia e conta coa Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable, despois de ser sometido ás debidas avaliacións técnicas", subliñou Barreiro.
Neste sentido, lembrou que o PP "sempre defendeu" que teñen que ser os técnicos os que determinen se se cumpre ou non coa normativa.