O PP mantería 13 escanos en Galicia ou subiría un, o PSOE retería 7 ou subiría un e o BNG subiría a 2

Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 29 noviembre 2026 20:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA 29 Nov. (EUROPA PRESS) -

O PP volvería a ser a lista máis votada en Galicia nas eleccións xerais deste domingo e mantería os seus 13 escanos ou podería subir un, mentres que o PSOE retería sete deputados ou podería subir tamén un, mentres que o BNG subiría a dúas actas, segundo a enquisa de Sigma Dos para a Forta.

Esta enquisa continua, realizada até este sábado, para os medios da Forta e difundida pola Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG), deixa fóra da representación por Galicia no Congreso dos Deputados a Vox e a Fronte Ampla.

Este traballo atribúe ao PP un 45% dos votos emitidos este 29 de novembro, case punto e medio máis que nas eleccións de 2023. Así mesmo, ao PSOE asígnalle unha baixada ao 27,4% dos sufraxios, mentres que ao BNG adxudícalle unha subida ao 13,2%.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado