O PPdeG presenta "313 obxectivos" para alcanzar "un magnífico resultado o 28 de maio de 2023" nas eleccións locais

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado.
PPDEG
Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 28 mayo 2022 14:32

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 May. (EUROPA PRESS) -

   O PPdeG lanzou en redes sociais a campaña #1proxecto313obxectivos, como punto de partida para alcanzar "un magnífico resultado" nas eleccións municipais do próximo ano.

   Así, a secretaria xeral, Paula Prado, pediulles aos seus compañeiros do partido, a través dun vídeo, que "se fagan á idea" de que quedan 365 días para os comicios locais e que "cada día ten que ser un exame" para alcanzar "un magnífico resultado o 28 de maio de 2023".

   Prado destacou que o PP ten "313 obxectivos" e que os alcanzarán "cos mellores candidatos, cos mellores equipos e cun proxecto común". "Na noite electoral esperamos ter 313 boas noticias", remarcou, en referencia ao mesmo número de concellos galegos.

   Así, despois da celebración este venres do primeiro Comité Executivo tras o Congreso autonómico, Paula Prado sinalou que a súa formación representa "a moderación, a estabilidade e a unidade" que, ao seu xuízo, "piden os galegos".

   "Sentimos que Galicia segue confiando en nós após un proceso de cambio e cun novo presidente. O Partido Popular segue sendo o partido que máis se parece a Galicia e somos o único que ten os pés na terra", subliñou.

   Neste sentido, a secretaria xeral mostrouse "ilusionada" coa "nova etapa do Camiño" que, continuou, "ten a meta nas municipais", nas que augura que o PPdeG "sairá lanzado a por a quinta maioría absoluta na Xunta" e engadiu que o seu partido "non ten teito".

Contenido patrocinado