SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Nov. (EUROPA PRESS) -
O PP de Galicia móstrase "sorprendido" pola dimisión do coordinador da súa Comisión de Cultura, Daniel Chapela, porque "até hoxe mesmo" nunca manifestara "ningunha discrepancia" coa liña do partido en cultura e política lingüística.
Así o trasladan fontes da formación consultadas por Europa Press, sobre a marcha de Chapela anunciada este mesmo martes entre críticas cara ao "equipo claramente incompetente" do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.
O PPdeG di "respectar" a súa saída, pero asegura que o tamén concelleiro en Bueu (Pontevedra), que manterá a acta como non adscrito, nunca mostrara "ningunha discrepancia".
Daniel Chapela anunciaba este martes a súa marcha nun comunicado avanzado por Europa Press, no que non só criticaba a xestión do conselleiro de Cultura, senón que tamén mostraba as súas fortes discrepancias coa portavoz municipal do PP en Bueu, Elena Estévez.