A primeira votación para elixir á nova directora da CRTVG centrará un pleno no que comparecerá Diego Calvo

Xunta de portavoces do Parlamento de Galicia.
PARLAMENTO DE GALICIA
Europa Press Galicia
Publicado: martes, 3 junio 2025 13:49

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O Parlamento de Galicia acollerá a próxima semana a primeira votación para a elección da nova directora da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) -- até agora CRTVG --, Concepción Pombo, nun pleno no que tamén comparecerá, a petición propia, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, para informar da situación do transporte en Galicia.

   Ademais, a líder do BNG, Ana Pontón, preguntará ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre "o seu empeño en converter o galego nunha lingua de segunda", mentres que o portavoz do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, centrará a súa pregunta en materia de vivenda.

   Na sesión plenaria, que se celebrará os días 10 e 11 de xuño, o Bloque presentará unha proposición de lei para promover, entre outras cousas, a permanencia de empresas en Galicia que reciban axudas públicas.

   Así mesmo, os socialistas levarán unha proposición non de lei sobre o Cluster de industria de defensa e outra sobre o peche de unidades postcovid. Pola súa banda, o PPdeG exporá unha iniciativa para pedir ao Goberno que dote de fondos a coñecida como lei ELA e outra para que manteña o financiamiento do Plan Corresponsables.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado