Rosa Crujeiras, primeira reitora da historia da USC: "Espero non ser a última e que veñan moitas máis"

Rosa Crujeiras, primeira reitora da historia da USC: "Espero non ser a última e que veñan moitas máis" - EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 11 marzo 2026 20:39

    SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Mar. (EUROPA PRESS) -

   A catedrática en Estatística Rosa Crujeiras converteuse este mércores na primeira muller que dirixirá a Universidade de Santiago de Compostela (USC) nas súas máis de 500 anos de historia. "Espero non ser a última e que despois de min veñan moitas reitoras máis á USC", aseverou.

   "É unha conquista social, unha conquista tamén da universidade e unha débeda con todas as mulleres que formamos parte desta comunidade, ás que tanto nos custa chegar aos postos de responsabilidade", aseverou Crujeiras.

   En declaracións aos medios após coñecer os resultados, a nova reitora electa estendeu o seu recoñecemento "ao estudiantado, ao persoal docente e investigador e ao persoal técnico de xestión, administración e servizos".

    Crujeiras tamén tivo palabras de agradecemento para o seu equipo e para todas aquelas persoas que forman parte da súa candidatura, así como para as profesoras López-Couso, Nogueira e Flores --candidatas das eleccións--.

   "Quero agradecerlles a todas elas que desen o paso, porque hoxe facemos historia na universidade e elas son parte tamén desta historia", reivindicou Crujeiras, que se converteu este mércores na primeira reitora nos 531 anos de historia da USC.

   Con todo, destacou que, a partir deste xoves "comeza unha nova etapa, unha etapa de diálogo, de unidade, de consensos", unha etapa na que espera sumar "a todas aquelas persoas que votaron por outras candidaturas e que forman parte da comunidade".

   Crujeiras alcanzou o 61,65% do voto ponderado e foi a candidata máis votada entre o profesorado permanente, cun 29,39%; resto de persoal docente e investigador, cun 6,62%; o alumnado, cun 18,71%; e entre o persoal de administración e servizos, cun 6,93%.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado