Rueda comparte o "non á guerra", pero avisa: "Si a compromisos internacionais, non a conveniencias de Sánchez"

Besteiro empraza a Rueda a elixir entre "guerra ou paz" nunha xornada na que a Cámara garda un minuto de silencio polas vícitmas do 11M

Imaxe do Hemiciclo durnate o minito de silencio en recordo ás vítimas do atentado do 11 de Marzo de 2004
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 11 marzo 2026 12:09

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Mar. (EUROPA PRESS) -

   A guerra en Oriente Medio marcou este mércores o arranque da sesión de control do Parlamento de Galicia, na que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, compartiu o "non á guerra", pero avisou: "Aquí dicimos non á guerra, sen ningunha dúbida, pero tamén dicimos si aos compromisos internacionais e non ás conveniencias persoais, como sempre, do presidente do Goberno", Pedro Sánchez.

   E é que o conflito internacional marcou este martes o arranque do careo entre Rueda e os líderes da oposición, José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG) e Ana Pontón (BNG), nunha xornada na que a Cámara iniciou cun minuto de silencio en memoria das vítimas do atentado do 11 de marzo de 2004 no día no que se cumpre o seu 22 aniversario e no que tamén se conmemora Día Europeo das Vítimas do Terrorismo.

   Este acto simbólico foi solicitado o martes vía rexistro polo secretario xeral e portavoz parlamentario do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro, quen este mércores iniciou a súa intervención lembrando os atentados terroristas de Madrid de hai 22 anos e apelou a "lembrar ás vítimas, ao seu familiares" pero tamén a "reafirmar un principio irrenunciable" como é a "defensa da paz, da liberdade e de loita contra violencia".

   "Toca elixir, señor presidente, toca elixir entre guerra ou paz, toca elixir si á soberanía nacional, si ao dereito internacional, si ás normas que entre todos nos habemos dato para regular a orde internacional ou ben optar pola lei da selva que propoñen Trump e os seus adláteres", manifestou o xefe de filas do PSdeG.

   Besteiro subliñou que esta "defensa pola paz" e a "aposta pola soberanía nacional" e de "Europa" é, sobre todo, "defender a orde internacional fronte á lei da selva" e unhas ideas que, na súa opinión, "comparten a inmensa maioría dos galegos e galegas". Por iso, lamentou que non se chegou a acordo entre os grupos para aprobar unha declaración institucional sobre este asunto como eles propuñan.

RUEDA LEMBRA ÁS VÍTIMAS DE ETA

   Na súa réplica, o máximo mandatario autonómico sostivo que este recordo ás vítimas debe ser extensible a todas, tamén ás da banda terrorista ETA, que "matou a moitos galegos".

   Dito isto, sostivo que a Besteiro "se lle acumulan os recados de Ferraz" e ha trasladoulle. "Aquí dicimos non á guerra, sen ningunha dúbida, pero tamén dicimos si aos compromisos internacionais e non ás conveniencias persoais, como sempre, do presidente do Goberno", Pedro Sánchez.

   Rueda sostivo que Sánchez "ten que dirixir toda a política de España, incluída a política exterior, á súa absoluta conveniencia". "A iso si que dicimos non", subliñou.

   Todo iso nunha sesión na que tanto os deputados do PSdeG como do BNG portaron carteis nos que se podía ler a lema 'non a guerra', unhas inscricións que os deputados nacionalistas xa portaron na xornada do martes no Hemiciclo.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado