Agostime - Europa Press - Archivo
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Nov. (EUROPA PRESS) -
O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, deu "por vencedor" da 'cara a cara' entre o xefe do Executivo estatal, Pedro Sánchez, e o candidato popular á Moncloa, Alberto Núñez Feijóo, ao seu xefe de filas, e mostrouse convencido de que é "a sensación xeral" mesmo entre "xente á que lle gustaría que o resultado fose o contrario".
Para Rueda, en declaracións aos medios en Santiago, o seu antecesor na Xunta derrotou a Sánchez "por moitas razoes, a fundamental que a maioría da xente que o mirou con mínima obxectividade quedou coa sensación de que aoprtaba datos certeiros, datos certos". Pero tamén, agregou, porque os expuxo "con tranquilidade e serenidade", así como con "firmeza".
O líder dos populares galegos considera que, no seu papel de aspirante á Presidencia do Goberno central, Feijóo foi capaz de evidenciar "as cousas que non se están facendo ben, que son moitas" e de contrapner "o que el faría".
En fronte, situou a un Sánchez "absolutamente á defensiva desde o principio até o final, e nalgún momento bastante noqueado sen ter resposta" ás cuestións sobre as que era interpelado por Feijóo. "Con fallos evidentes e clamorosos, e mesmo dando por gañador a Feijóo", remarcou.
"TENO UN POUCO MÁIS FÁCIL"
Así as cosas, concluíu que os espectadores que seguiron a 'cara a cara' puideron ver "a un presidente que aspira a selo" e que agora, após o debate, "teno un pouco máis fácil".
"Un presidente sereno, con datos, argumentos e capacidade para expolos", resolveu.