César Arxina - Europa Press - Archivo
OURENSE 8 Oct. (EUROPA PRESS) -
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou o seu pésame polo falecemento de Xosé Manuel Beiras Torrado, referente histórico do nacionalismo galego, a quen realzou como unha figura política "de primeira orde con independencia das diferenzas ideolóxicas".
"Faleceu unha das grandes figuras políticas que houbo nas últimas décadas en Galicia e, para os nacionalistas, un referente sen dúbida", lamentou este xoves en declaracións a medios de comunicación en Ourense.
Así, trasladou o seu pésame a familiares e achegados de Beiras lamentando un falecemento que "deixa unha profunda pegada". "Con independencia das diferenzas ideolóxicas que, evidentemente, hóuboas e moi grandes, sen dúbida foi unha figura política de primeira orde", engadiu.