Sancionan a un ciclista que superaba o límite de alcol aos 5 minutos de arrincar a campaña de control

Actual campaña especial de vixilancia e control de alcol e drogas, que arrincou o luns 13 e terminará o domingo 19 de xullo.
GUARDIA CIVIL DE TRÁFICO
Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 18 julio 2026 17:43

   A CORUÑA, 18 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O Destacamento de Tráfico de Corcubión, pertencente ao Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña, interceptou e sancionou a un ciclista apenas cinco despois de que arrincase a actual campaña especial de vixilancia e control de alcol e drogas, que terminará este domingo.

   En concreto, o condutor multiplicaba por catro o límite permitido de alcol, fixado en 0,25 miligramos por litro (mg/l). Segundo o comunicado oficial, esta foi unha das intervencións "máis temperás e atípicas" da campaña.

   Os feitos ocorreron na localidade da Ponte do Porto, pertencente ao concello coruñés de Camariñas, na madrugada do domingo ao luns, momento de inicio da campaña. Exactamente ás 00.05 horas, a patrulla en servizo deu o alto ao usuario dunha bicicleta que circulaba en solitario.

   Segundo os axentes, tras observar "indicios evidentes" de que o ciclista se atopaba baixo os efectos do alcol, os axentes procederon a realizarlle as probas regulamentarias. O condutor, arroxou uns resultados en aire expirado que confirmaban unha "intoxicación severa". Na primeira deu 0,94 mg/l e, na segunda, 1,04 mg/l.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado