Seis persoas feridas, cinco delas excarceradas, após chocar dous vehículos en Carballo (A Coruña)

Archivo - Arquivo - Ambulancia do 061 Galicia.
061 GALICIA - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 2 noviembre 2025 10:49

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Nov. (EUROPA PRESS) -

   Seis persoas resultaron feridas, dúas delas de gravidade, após chocar dous vehículos en Carballo (A Coruña) este sábado. Ademais, cincos dos feridos tiveron que ser excarcerados, segundo informa o 112 Galicia.

   Así, a Central de Emerxencias indicou que tivo constancia do accidente ao redor das 20.00 horas deste sábado a través do aviso dun smartphone. Minutos despois, un particular contactou co 112 para informar dun choque grave entre dous vehículos na AC-418, entre os puntos quilométricos 2 e 3, á altura de Goiáns.

    Deste xeito, activouse un operativo no que participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Carballo, o GES de Ponteceso, axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, ademais dos efectivos de Protección Civil.

   Pola súa banda, o 061 mobilizou unha ambulancia asistencial de SVA, catro ambulancias asistenciais de SVB e persoal sanitario da PAC de Carballo.

   Unha vez no punto, foi necesario o material de excarceración para liberar a cinco persoas: dúas dun dos vehículos e tres doutro. Con todo, cinco dos feridos foron trasladados ao Hospital da Coruña e un ao Hospital Materno Infantil Teresa Herrera.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado