O Sergas realizará cribados a máis de 5.000 persoas en Cambados e Betanzos entre este luns e este martes

Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 8 mayo 2021 17:34

PONTEVEDRA 8 May. (EUROPA PRESS) -

O Sergas realizará cribados a 5.600 persoas en Cambados (Pontevedra) e Betanzos (A Coruña) entre este luns e este martes para detectar casos positivos por covid-19 que non presenten sintomatoloxía.

Segundo detallaron fontes do Sergas, citarase mediante SMS a unhas 4.400 persoas de entre 20 e 48 anos de Betanzos para realizarse probas PCR o pavillón polideportivo situado na avenida do Carregal entre este luns e este martes.

Ademais, realizarase un cribado con PCR con mostra nasofarínxea a 1.200 persoas de entre 30 e 39 anos con taxeta sanitaria asociada ao centro de saúde de Cambados no Salón de Congresos e Exposicións José Pena da localidade durante este luns e este martes.

Para levar a cabo este cribado contarase con dous equipos de enfermaría por quenda. Posteriormente, o procesado das mostras realizarase no laboratorio de Microbiología da área sanitaria e os resultados comunicaranse á poboación por SMS ou por teléfono.

Por outra banda, os cribados poboacionais efectuados con PCR este xoves no pavillón municipal de Vilanova de Arousa (Pontevedra) permitiron detectar dous casos de covid-19. En concreto, o Sergas convocara a 1.598 persoas de entre 50 e 64 anos dese municipio e, finalmente, asistiron 991 cidadáns, o que representa unha participación do 62,02 por cento.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado