Teresa Portela, VIII Premio Executivas de Galicia pola súa traxectoria no piragüismo

Archivo - Arquivo - A piragüista galega Teresa Portela.
EXECUTIVAS DE GALICIA - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 30 noviembre 2023 13:21

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Nov. (EUROPA PRESS) -

   A piragüista Teresa Portela foi a elixida para recibir o VIII Premio Executivas de Galicia, que se entregará en próximo 17 de xaneiro en Pontevedra. Segundo comunicou a Asociación Executivas de Galicia, trátase dun recoñecemento á súa "destacada traxectoria" no ámbito do piragüismo.

   "Esta edición busca resaltar o papel da muller no ámbito deportivo, especialmente no piragüismo, onde a presenza feminina foi historicamente subestimada", comunicou a asociación.

   A piragüista canguesa dedicou tres décadas á súa carreira deportiva, anos que Executivas de Galicia valorou como "sobresalientes". Destacaron tamén que se trata de "a primeira muller española en participar en seis Xogos Olímpicos", dos cales conseguiu a medalla de prata nos Xogos de Toquio 2021.

   Ademais, a asociación tamén subliñou a súa formación académica, dado que Teresa Portela é graduada en Fisioterapia e completou a diplomatura de Maxisterio de Educación Física.

   Desta forma, Portela únese ás galardoadas en edicións anteriores, entre as que se atopan a bióloga Marisol Soengas, a CEO Adriana Domínguez, a comunicadora Silvia Jato, a científica África González, a pianista Isabel Dobarro e a cofundadora de Aceites Abril María del Carmen Canal.

Contenido patrocinado